Manuel Gago, apoiado visualmente polas vibrantes ilustracións de Manel Cráneo, emula unha viaxe no tempo con gravadora para colleitar as vellas historias que se contaban na noite dos castros e fiar con elas a historia dos deuses galaicos, ou sexa, as orixes máis profundas do rico imaxinario da sociedade tradicional galega. Un libro apaixoante, distinto, que causará gran impresión e que trae a máis vella mitoloxía galega coñecida ao noso imaxinario do século XXI.
Poderás sentir o poderoso universo de Vento e Chuvia en vivo.
21 de MAR. FERROL. Lugar e organizador: Fundación Artábria. Hora: 20:00 h.
26 de MAR. GASTEIZ. Lectorado de Estudos Galegos da UPV. Lugar: Facultade de Letras de Vitoria-Gasteiz.
27 de MAR. BILBO. Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto. Lugar: Universidade de Deusto.
Manuel Gago Mariño é o escritor de Vento e Chuvia. É xornalista especializado en divulgación cultural e profesor da USC. Dirixe culturagalega.org, o plataforma do Consello da Cultura Galega. É promotor de numerosas iniciativas de difusión e recuperación do patrimonio arqueolóxico de Galicia.
Manel Cráneo é o ilustrador de Vento e Chuvia. Naceu na Coruña en 1973. Artista multidisciplinar de amplia bagaxe en diversas disciplinas. Comezou o seu periplo profesional a principios dos anos 90. É autor de centos de páxinas de banda deseñada publicadas en Galicia e no resto do Estado.
Marco García Quintela é o escritor do postfacio de Vento e Chuvia. Marco é Catedrático de Historia Antiga da USC e é un especialista na historia das relixións no mundo clásico e no mundo celta. É membro de honra da Société Belge d’Études Celtiques e profesor convidado en universidades europeas e americanas.