Vento e Chuvia

You Are Viewing

Contidos co código manuscrito por Manuel Gago no teu libro

Nesta páxina poderás acceder aos tres textos literarios adicionais que Manuel Gago destinou para o web. Estes textos, moi heteroxéneos, complementan o universo de Vento e Chuvia. Para acceder a eles, precisas o código manuscrito que Manuel Gago introduciu no teu libro.

1. Os Breitei Camein. Son “as palabras dos camiños”, un xénero singular da poesía da Idade do Ferro, que te facilitará entender algo do estraño que mora na Fraga Németa na que Bormánico realiza adivinacións. [Entrar]

2. Como aconteceu o roubo do Salmón Dourado de Prunia. A primeira das historias de deuses, a de Reue, inclúe o final do relato titulado “O roubo do Salmón Dourado de Prunia”, e a resolución da disputa entre Cossue e Nauia. Na narrativa do libro dáse por suposto que o lector coñece o inicio do relato…pero, agás que teñas vivido no século II a.C., vai ser complicado que saibas como empezou ese terrible conflito entre estes dous grandes deuses. Así que velaquí vai o inicio do relato do noso amigo o Salmón. [Entrar]

3. A emboscada de Caraunios. Unha das curiosidades de Vento e Chuvia é que a historia que aparece na cuberta non se narra no interior. En realidade, ilustra unha pasaxe importante do relato “A Emboscada de Caraunios”, que xa podes ler aquí. [Entrar]

A Tenda de Vento e Chuvia

Queres levar contigo o universo de Vento e Chuvia? Pasa pola nosa tenda e bótalle un ollo aos artigos chulos que ofrecemos. Son exclusivos, edicións moi limitadas, e de venda en liña.